miércoles, 29 de enero de 2025

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ: CORUÑESAS BENEFACTORAS DA CIDADE

Para a conmemoración do Día da Paz realizamos varias actividades no centro. Entre elas a carreira solidaria a favor de Save The Children. Dende o Equipo de Igualdade, e relacionado co carácter solidario da carreira e co proxecto de centro deste curso #explorACoruña, propoñemos dar visibilidade a varias mulleres coruñesas que realizaron obras benéficas en favor dos máis desfavorecidos. 

Consideramos importante destacar o papel filantrópica destas mulleres ao mesmo tempo que descubrimos a historia de algúns edificios, organizacións, asociacións, etc da cidade. 

As mulleres que daremos a coñecer nas seguintes entradas son: 

- Teresa Herrera, 

- Juana de Vega, 

- Modesta Goicouría, 

- Ángela Labaca, 

- Adelaida Muro, 

- Ángela Blanco Pérez, 

- María Barbeito, 

- Carmen Rodríguez-Losada Trulock,

- Rosalía Mera, 

- Isabel Zendal e a expedición Balmis. 

miércoles, 1 de abril de 2020

TAREFAS - A PARTIR DO 30 DE MARZO


Derixamos aquí as tarefas para realizar a partir do luns 30 de marzo.
Sabemos que está sendo moi difícil así que o máis importante agora é ter unha boa organización e manter unha rutina.
Traballa todos os días. Lembra que podes seguir o teu propio ritmo e que non é necesario que fagas unha tarefa enteira cadad día.

Podes descargar o documento facendo clic na esquina superior dereita. Moito ánimo!!!